Negro Púrpura

un filme de Illa Bufarda dirixido por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Negro Púrpura

un filme de Illa Bufarda dirixido por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Conforme a normativa vixente, esta Política de Privacidade aplícase ao tratamento de datos de carácter persoal que as titulares do sitio web realizan como Responsables e Encargadas dos mesmos, en relación cos datos que os/as usuarios/as (persoas físicas) facilitan como consecuencia da contratación dos servizos, ou os recollidos a través do sitio web.

Esta Política é permanentemente accesible a través da ligazón habilitada no sitio web, denominado “Política de Privacidade”, e pode actualizarse en calquera momento, ben como consecuencia dun cambio normativo ou ben por modificarse a configuración dos servizos ou o tipo de negocio desenvolvido. Cando se realice algunha modificación, esta será comunicada ás persoas interesadas para que poidan manifestar a súa oposición ao tratamento dos seus datos segundo o cambio descrito, ou para que os/as usuarios/as poidan adoptar as medidas que estimen oportunas en relación á modificación comunicada. Entenderánse aceptadas as novas condicións cando a persoa usuaria acceda de novo aos seus servizos ou nos comunique expresamente a súa oposición.

Esta Política de privacidade non é aplicable a ningún outro produto, servizo ou actividade de terceiros/as.

1. RESPONSABLES DO TRATAMENTO

Denominación social: Illa Bufarda, S.C.

NIF.: J70535943

Nome comercial: Negro Púrpura

Enderezo: Avda. Rodriguez de Viguri, 6 – 1º. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono: 693 596 074

Correo electrónico: info@illabufarda.gal

2. VERACIDADE DOS DATOS

Os datos son tratados de forma leal e lícita e unicamente se tratan aqueles que se consideran axeitados, pertinentes e non excesivos relacionados co obxecto da actividade empresarial, non sendo empregados para finalidades incompatibles con aquelas para as que os datos foron recollidos.

As persoas usuarias dos servizos e do sitio web son responsables da veracidade, actualización e exactitude dos datos proporcionados, considerándose veraces, actuais e exactos os datos facilitados por elas mesmas.  

3. FINALIDADES DO TRATAMENTO

Para acceder e/ou navegar pola nosa páxina web non é necesario aportar ningún dato.

Unicamente se piden datos persoais coa finalidade xenérica da xestión e control da relación contractual establecida e, específicamente para comunicar cos/as usuarios/as en resposta a incidencias, solicitudes, comentarios e preguntas que nos realice a través dos datos de contacto da nosa páxina web.

Non trataremos os seus datos persoais para ningunha outra finalidade máis alá das descritas anteriormente agás imposición lexistativa ou a existencia dalgún requerimento xudicial.

4. PRAZO DE CONSERVACIÓN

Os datos personais proporcionados conservaranse e trataranse mentras se manteña a relación de prestación de servizos, sen perxuízo da posibilidade de exercitar o seu dereito de supresión, neste caso bloquearemos os seus datos durante o tempo necesario exixido por lei.

Os datos persoais das persoas interesadas na recepción de información sobre os servizos manteranse no sistema de forma indefinida en tanto o/a interesado/a non solicite a súa supresión.

5. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

Os/as usuarios/as consinten o tratamento dos seus datos nos termos anteriormente indicados mediante a aceptación da presente Política de Privacidade, que se solicitará no momento de proceder a tratar os seus datos.

As solicitudes de información que nos faga chegar requiren que a persona interesada nos facilite de forma voluntaria os datos necesarios para poder atenderlle ou prestarlle os servizos que solicita. A obrigatoriedade ou necesidade de facilitarnos eses datos indícanse cun asterisco (*) nos formularios ou seccións correspondentes a cada servizo.

Non obstante, o/a interesado/a pode libremente negarse a facilitarnos eses datos ou, posteriormente, revocar o consentimento previamente outorgado para tratar os seus datos, se ben esa negativa implicará a imposibilidade de que poidamos atender á súa petición ou prestarlle o servizo que se trate.

Entendemos que ao facilitarnos eses datos, o/a interesado/a garantiza e faise responsable da veracidade, actualidade y exactitude dos mesmos e que acepta e consinte expresamente no seu tratamento para as finalidades antes descritas.

6. CESIÓNS OU TRANSFERENCIAS DE DATOS PERSOAIS

De forma xeral, nunca cederemos os seus datos persoais a terceiros agás esteamos obrigadas legalmente a isto ou vostede nolo autorizara expresamente ao facer uso dos nosos servizos.

7. DEREITOS DAS PERSOAS INTERESADAS

Vostede pode exercer ante as Responsables do tratamento dos seus datos os seguintes dereitos:

  • Dereito de acceso: permite ao/á interesado/a coñecer e obter información sobre os seus datos persoais sometidos a tratamento.
  • Dereito de rectificación: permite corrixir erros, modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos e garantir a certeza da información obxecto do tratamento.
  • Dereito de supresión: permite solicitar a eliminación dos datos obxecto de tratamento cando xa non sexan necesarios para a execución ou prestación do servizo.
  • Dereito de oposición: dereito do/a interesado/a a que non se leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese no mesmo, agás motivos lexítimos ou para o exercicio ou defensa de posibles reclamacións, neste caso manterémolos bloqueados durante o prazo correspondente mentres persistan as obrigas legais.
  • Dereito de oposición ao envío de publicidade: Os/as interesados/as poderán oporse ao envío das nosas comunicacións comerciais. Nese caso pode rexeitar en calquera momento o seu consentimento a recibir estas notificacións enviando un correo a info@illabufarda.gal indicando no asunto “Baixa Publicidade” e detallando os seus datos persoais.
  • Limitación do tratamiento: En determinadas circunstancias, os/as interesados/as poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, neste caso únicamente se conservarán para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Portabilidade dos datos: as persoas interesadas poden solicitar recibir os datos que lle incumban e que nos facilitara ou que –sempre que técnicamente sexa posible– llos enviemos a outro/a responsable de tratamento da súa escolla, nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas (incluída a elaboración de perfís): dereito a non ser obxecto dunha decisión basada no tratamento automatizado que produza efectos ou afecte significativamente.
  • Posibilidade de retirar o consentimento: o/a interesado/a ten dereito a retirar en cualquera momento o consentimento prestado, sen que isto afecte á licitude do tratamento basado no consentimento prestado no momento de facilitarnos os seus datos.

Se desexa exercer algún dos dereitos expostos, rogamos que nos remita unha carta con todos os seus datos, incluíndo copia do DNI a: Illa Bufarda, S.C., Avda. Rodriguez de Viguri, 6 – 1º. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Posibilidade de reclamar ante a Autoridade de Control: informámoslle igualmente do dereito que lle asiste de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.